"O Leo" xa posa co micrófono de "A Nosa Liga"! Catro reporteiros, catro perfiles diferentes para ANL.
martes, 27 de marzo de 2012
lunes, 26 de marzo de 2012
viernes, 23 de marzo de 2012
Matías Tarrío
O turno da sesión fotográfica de Matías Tarrío. O que fora o "O Cazador de Palabras" da TVG, agora co micrófono de "A Nosa Liga".
miércoles, 14 de marzo de 2012
jueves, 1 de marzo de 2012
Unhas palabras dende a bancada...
Unhas
palabras dende a bancada...
“Ei, pero esa camiseta de que equipo é?”, díxome un compañeiro da escola xusto
antes de comezar o partidiño do recreo. Eu levaba a camisola de José Antonio,
que era o porteiro do equipo da miña vila: o Sigüeiro Fútbol Club.
Evidentemente, aquela camisola non ma tiña regalado o propio José Antonio ao
rematar un encontro, nin a mercara na tenda oficial do club; era unha camisola
de manga longa con codeiras que fora mercada nunha tenda de deportes de Ordes,
a semana anterior, e á que a miña nai se encargara de coserlle un escudo do
Sigüeiro que lle arrancaramos a unha das vellas equipaxes que o presidente
aínda gardaba no soto da súa casa. Non era unha camisola de última moda, era
unha camisola caseira, e que? O sorriso non me collía na cara cada vez que a
vestía, era a camisola do equipo dos meus amores… Os rapaces da escola levaban
a camisola do Madrid, a do Barça, a do Celta ou a do Dépor e eu ía ataviado coa
do equipo da miña vila, sen ningún tipo de complexo, porque entendía que o
fútbol é ás veces un sentimento e que para min non dependía dos millóns de
pesetas que cada club tivera na conta corrente do banco.
Aquel neno non
sabía cal era o equipo daquela camisa e eu non acreditaba. Non comprendía coma
vivindo na mesma vila e gustándolle o fútbol, non podía terlle o mesmo cariño
que lle eu tiña a aquel escudo…
Tamén me lembro do
día que lle ensinei aquela camisola ao propio José Antonio; facíalle máis
ilusión a el que a levara posta que a min. E é que isto vai de ilusión, da
ilusión por substituír as moreas de cartos por esforzo e traballo, para que
cada recuncho do noso país poida gozar do fútbol máis modesto, do fútbol máis
noso.
Co paso dos anos
fun coñecendo a moita xente deste mundiño e pouco a pouco dinme conta de que o
amor que lle teño eu ao Sigüeiro FC é o mesmo que lle ten David ao Tordoia,
Manu ao Villestro ou Fernando ao Calo… É que isto move a milleiros de persoas e
é un espello do que somos; por iso nace “A
Nosa Liga”, coma reflexo de nós mesmos.
Perico
Balado.
Afeccionado
ao fútbol rexional.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)